20 Anos de FAGAL

1998-05-18 00:00:00

Nacemento de FAGAL

En maio de 1998 nace a Federación de Asociacións Galegas de Familiares de Enfermos de Alzhéimer e Outras Demencias, conformada por AFACO, AGADEA, AFAOR e AFAGA.

1999-01-01 00:00:00

Entrada de AFAL Ferrolterra

Apróbase a entrada a FAGAL de AFAL Ferrolterra

1999-09-21 12:33:50

Publicación do Plan Galego de Alzhéimer

Publicación do primeiro Plan galego de atención ó enfermo de Alzheimer e outras demencias

2001-06-02 00:00:00

Entrada de AFAMO

A Asamblea de FAGAL aproba a entrada de AFAMO

2003-05-03 00:00:00

Entrada de AFAMON

FAGAL aproba a entrada na entidade de AFAMON

2003-10-04 00:00:00

I Xornadas Interdisciplinarias de FAGAL

FAGAL pon en marcha a primeira edición das súas xornadas formativas en alzhéimer e outras demencias

2004-05-08 00:00:00

Entrada de AFALU e AFABER

As asociacións AFALU e AFABER pasan a formar parte da estrutura de federación

2005-05-08 00:00:00

Entrada de AFAPO

Apróbase a entrada en FAGAL de AFAPO

2008-01-01 00:00:00

Asentamento e reorientación de FAGAL

A sede de FAGAL establécese en Santiago de Compostela e créase a estrutura para ampliar os proxectos da federación

2008-02-07 03:19:51

Creación da Rede de Centros de Día especializados en alzhéimer

A Xunta de Galicia pon en marcha a Rede Pública de Centros de Día especializados en alzhéimer. Na actualidade existen 7 centros públicos xestionados por asociacións pertencentes a FAGAL.

2008-06-28 03:19:51

Entrada de AFACHANTADA

A Asemblea de FAGAL aproba a entrada de AFACHANTADA na federación

2008-10-02 09:00:32

III Congreso Nacional de Alzhéimer

Vigo acolleu o III Congreso Nacional de Alzhéimer organizado por CEAFA, a Sociedad Española de Geriatría y Gerontología e a Sociedad Española de Neurología

2010-02-01 03:19:51

Publicación do Manual de formación especializada en demencias para coidadores non profesionais

No ano 2010 creouse o Grupo de Traballo de Psicólogos de FAGAL, que alaborou un manual dirixido a coidadores non profesionais de persoas cunha demencia

2010-06-01 03:19:51

Entrada de AFA Viveiro

A Federación aproba a entrada como asociada de AFA Viveiro

2011-06-04 03:19:51

Entrada de AFASAL

AFASAL convírtese na última asociación que, polo de agora, se incorpora a FAGAL

2011-10-03 03:19:51

Cursos "Xuntos nos Coidados"

FAGAL comeza a impartir, grazas a un convenio de colaboración coa Consellería de Política Social, os cursos para coidadores de persoas cunha demencia "Xuntos nos Coidados"

2012-01-01 03:19:51

Ano Galego do Alzhéimer

A Xunta de Galicia declarou, a petición de FAGAL, o ano 2012 como Ano Galego do Alzhéimer, poñendo en marcha diversos actos co obxectivo de chamar a atención sobre a situación das demencias en Galicia

2013-01-01 03:19:51

Programa Red Paraguas Alzheimer

FAGAL asina un convenio coa Fundación Barrié co que se pon en marcha este proxecto, co obxectivo de apoiar ó rural galego en materia de demencias.

2014-12-03 03:19:51

Creación do Grupo de Traballo en Demencias

A finais do ano 2014 creouse este grupo de traballo conformado por profesionais do sector social, sanitario e da investigación en demencias que buscan potenciar unha serie de liñas de traballo común para mellorar a calidade de vida das persoas que sofren algún tipo de demencia.

2015-09-21 03:19:51

Campaña "No alzhéimer ti es unha peza importante"

A Federación puxo en marcha no ano 2015 a primeira campaña propia polo Dia Mundial do Alzhéimer baixo o lema "No alzhéimer ti es unha peza importante", e que contou cun gran éxito de participación nas redes sociais

2016-09-17 03:19:51

I Andaina Solidaria

Con motivo do Dia Mundial do Alzhéimer, FAGAL organizou a súa I Andaina Solidaria que reuniu en Santiago a máis de 500 persoas e que rematou no Parque de Bonaval, onde se inaugurou o Espazo da Memoria, en recordo das persoas con alzhéimer e as súas familias

2017-01-02 11:44:49

Publicación do Manual de Terapia Ocupacional

A principios do ano 2017 publicouse o Manual "Terapia Ocupacional en alzhéimer e outras demencias", elaborado polo Grupo de Traballo formado por profesionais da Terapia Ocupacional pertencentes ás AFAs galegas

2017-10-16 17:55:55

Publicación do Manual de Traballo Social

O Grupo de Traballo de Traballadoras Sociais de FAGA, formado por profesionais das asociacións, elaboraron este manual específico en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas

2018-04-02 23:43:19

Publicación do Manual de Fisioterapia

O Grupo de Traballo de Fisioterapeutas de FAGAL, formado por profesionais das asociacións, elaboraron este manual específico en alzhéimer e outras demencias neurodexenerativas

20 Anos de FAGAL

Launch
Copy this timeline Login to copy this timeline 3d Game mode

Contact us

We'd love to hear from you. Please send questions or feedback to the below email addresses.

Before contacting us, you may wish to visit our FAQs page which has lots of useful info on Tiki-Toki.

We can be contacted by email at: hello@tiki-toki.com.

You can also follow us on twitter at twitter.com/tiki_toki.

If you are having any problems with Tiki-Toki, please contact us as at: help@tiki-toki.com

Close

Edit this timeline

Enter your name and the secret word given to you by the timeline's owner.

3-40 true Name must be at least three characters
3-40 true You need a secret word to edit this timeline

Checking details

Please check details and try again

Go
Close