Liña do tempo

1750-01-01 00:00:00

1ª Revolución Industrial

A revolución industrial produciuse en Inglaterra. Consistiu basicamente na substitución das vellas ferramentas artesanais por máquinas máis produtivas e da enerxía humana e animal pola máquina de vapor.Cambiou o sistema económico e a sociedade se transformou.

1776-01-01 18:30:41

REBELIÓN E INDEPENDENCIA DAS 13 COLONIAS

Movemento separatista de colonos ingleses burgueses establecidos nas costas atlánticas de América do Norte que tivo por obxecto liberarse do dominio da coroa británica.

1789-01-01 18:30:41

REVOLUCIÓN FRANCESA

Loita social e política que sacudiu Francia a finais do XVIII. Truxo como consecuencia a caída do Antigo Réxime e a fin da monarquía absolutista.

1804-01-01 18:30:41

GUERRA DE INDEPENDENCIA ESPAÑOLA

Conflicto que enfrontou a España, Reino Unido e Portugal contra o Primeiro Imperio francés. Supón o abandono da política de reformas e a fin da alianza con Francia.

1804-01-01 18:30:41

IMPERIO NAPOLEÓNICO

Despois do seu golpe de Estado de 1799, Napoleón Bonaparte é nomeado primeiro cónsul e máis tarde cónsul vitalicio. En 1804 proclámase emperador a través dun decreto do Senado. Época de moitos avances e creación dun código civil. Napoleón foi derrocado na batalla de Waterloo.

1812-01-01 18:30:41

CONSTITUCIÓN DE CÁDIZ

Reunidas en Cádiz a partir de 1810, as Cortes impulsaron numerosas transformacións políticas, administrativas e económicas inspiradas nos ideais liberais

1814-01-01 18:30:41

CONGRESO DE VIENA

As potencias vencedoras de Napoleón restableceron o sistema absolutista e impuxeron unha nova organización territorial de Europa.Non se tiveron en conta os principios liberais nin as aspiracións nacionais dos pobos no deseño das novas fronteiras.

1820-01-01 18:30:41

REVOLUCIÓNS BURGUESAS DE 1820, 1830 E 1848

A imposibilidade de alcanzar un cambio pacífico do sistema, levou aos grupos liberais a empregar a revolución como medio para tomar o poder, impor as fórmulas políticas parlamentarias e suprimir o Antigo Réxime.

1820-01-01 18:30:41

REVOLUCIÓNS DE 1820

Comezaron en España, onde o comandante Riego se pronunciou contra a monarquía absoluta de Fernando VII. Comezou unha etapa de goberno liberal onde o rei tivo que gobernar repectando a constitución de 1812. Finalizou coa intervención da Santa Alianza, que restaurou o absolutismo. En 1821 os gregos subleváronse contra o Imperio otomán e lograron a súa independencia en 1829.

1830-01-01 18:30:41

REVOLUCIÓNS DE 1830

Iniciouse en Francia en 1830, cando o rei Carlos X trata de gobernar de forma absoluta. Este é derrocado e sustituído por Luís Felipe de Orleans, que implantou unha monarquía liberal. A independencia de Bélxica en 1831 foi conseguida despois dun levantamento contra o rei dos Países Baixos en Bruxelas. Noutros lugares, como Polonia, algúns Estados italianos e Alemaña, as revolucións fracasaron.

1848-01-01 18:30:41

REVOLUCIÓNS DE 1848

Afectaron a numerosos países. Tiveron importancia as demandas sociais das clases populares. Nalgúns lugares tamén tiveron un compoñente democrático, xa que reivindicou o sufraxio universal masculino. Estalou en Francia e estendeuse polas principais cidades do centro e sur de Europa. Non obstante, as revolucións fracasaron, aínda que tamén supuxeron un avance do liberalismo.

1859-01-01 00:00:00

UNIFICACIÓN DE ITALIA

A península itálica estaba dividida en numerosos Estados, algúns deles baixo dominación extranxeira. Pero a existencia dunha lingua e ducha historia comúns forxaron un sentimento de unidade entre os italianos. Despois de atravesar varias fases Italia invade os Estados pontificios e converte Roma na súa capital.

1864-01-01 18:30:41

UNIFICACIÓN DE ALEMAÑA

Esta unificación logrouse por vía militar. Marcárona tres guerras: 1864: Guerra contra Dinamarca. 1866: Guerra contra Austria. 1870: Guerra contra Francia Finalmente,a unificación desembocou en 1871 na proclamacion do Segundo Imperio alemán e Guillerme I foi coroado emperador.

1870-01-01 18:30:41

2ª REVOLUCIÓN INDUSTRIAL

Aparece tras a 1ª fase da industrialización e a súa extensión dura hasta 1914. Gran Bretaña perde o seu liderazgo en beneficio doutras potencias. Descóbrense novas fontes de enerxía como a electricidade e o petróleo. Destacan a industria siderúrxica, a química e a eléctrica. Ademais, creáronse grandes empresas, a banca moderna e o capitalismo financeiro. Tamén apareceron novos sistemas de produción.

Liña do tempo

Launch
Copy this timeline Login to copy this timeline 3d Game mode

Contact us

We'd love to hear from you. Please send questions or feedback to the below email addresses.

Before contacting us, you may wish to visit our FAQs page which has lots of useful info on Tiki-Toki.

We can be contacted by email at: hello@tiki-toki.com.

You can also follow us on twitter at twitter.com/tiki_toki.

If you are having any problems with Tiki-Toki, please contact us as at: help@tiki-toki.com

Close

Edit this timeline

Enter your name and the secret word given to you by the timeline's owner.

3-40 true Name must be at least three characters
3-40 true You need a secret word to edit this timeline

Checking details

Please check details and try again

Go
Close