Non toda a auga é cristalina en Guitiriz

Auga turbia e alta concentración en ferro, iso é o que se atopan os veciños de Guitiriz ao abrir a billa nas súas casas. Non é un problema novo, senón un visitante recorrente nos fogares desta vila chairega

2018-08-02 00:00:00

Un vello coñecido

Os veciños de Guitiriz quéixanse ante o Concello de que a auga da traída vén turbia, algo que xa tiña ocorrido en máis ocasións. A alcaldesa daquel momento, Regina Polín, bótalle a culpa a unha avaría na tubaxe na Avenida da Coruña.

2018-10-06 00:00:13

O verdadeiro responsable

O Concello de Guitiriz atopa o verdadeiro cumpable de que a auga non saia cristalina nas billas dos fogares guitiricense: o ferro. A auga ten un exceso deste metal presente no lugar onde se almacena, o Pantano que cando baixa o nivel de auga presenta máis ferro do habitual. O manantial do Cordal de Montouto, lugar onde nace esta auga, presenta uns valores normais.

2018-10-23 00:00:13

Prohibido consumo de auga

Non apta para o cosumo humano ao detectarse unha concentración de ferro de 1.700 microgramos por litro, moi por riba do recomendado. O Concello prevé solicitar á Consellería de Medioambiente e Territorio, a Augas de Galicia e á Confederación Hidrográfica Miño-Sil axudas para crear unha conexión directa entre o manacial da Serra do cordal de Montouto e os depósitos municipais para que a auga non teña que pasar polo Pantano e así solucionar o problema de xeito definitivo.

2018-11-27 00:00:13

Solucións temporais

O Concello instala filtros desferrizadores que eliminan o ferro existente nos depósitos de auga. Apróbase en pleno por unanimidade e de xeito urxente o proxecto de compra e instlación do filtro taxado en 40.000€. Así mesmo o presidente da Confederación Hidrográfica Miño sil, José Antonio Quiroga e a alcaldela, Regina Polín, visitan embalse. A representante do goberno local trasládalle a Quiroga a necesidade de tramitar un proxecto que desvía a auga sen pasar polo encoro do Pantano para solucionar de xeito definitivo o problema.

2019-08-19 00:00:13

Un paso cara atrás

A traída da auga volve presentar problemas de turbidez debido aos altos niveis de ferro provocado pola baixada do nivel de auga no Pantano.

2019-08-22 00:00:13

Solucións temporais, de novo

O Concello de Guitiriz, agora ao fronte de Marisol Morandeira pide "calma á poboación e paciencia". Unha empresa instala novos filtros desferrizadores.

2019-08-24 00:00:13

Case solucionado, polo de agora

O Concello sinala que o problema está solucionado en case todas as vivendas e pide paciencia para as que aínda abren as súas billas e se atopan a auga turbia. Marisol Morandeira asegura que "está en pé un plan de mellora na planta potabilizadora que está en redacción e que solventará este problema de maneira definitiva."

2019-10-11 00:00:13

Prohibido o consumo de auga

O Concello asegura que tras facer os análises pertinentes e obter que a auga é potable e que todos os parámetros son corectos agás o do ferro que presenta unha alta concentración. É por isto que o goberno municipal recomenda non consumila xa que o consumo dun exceso de ferro pode provocar problemas de saúde a longo prazo.

2019-10-14 00:00:13

Posibles bonificacións para os afectados

A recomendación de non consumir auga da billa continúa e a alcaldesa Marisol Morandeira "estudaremos bonificacións económicas na factura da auga para os afectados e afectadas para compensar o tempo que non puideron facer un uso normal do servizo". Esta problemática afecta non só a veciños senón tamén a hostaleiros, un dos responsables do restaurante Casa Gaibor sinala que "dende que comezou este problema empregamos tanto na cociña como na cafeteira auga embotellada, seguiremos así ata que haxa unha solución definitiva".

2019-10-25 00:00:13

Segue a prohibición

Hostaleiros, colexios e veciños seguen a empregar auga embotellada. A alcaldesa Marisol Morandeira pedía disculpas pola reiteración do problema e anuncia bonificacións económicas nas vindeiras facturas da auga.

2019-10-28 00:00:13

Comezan as obras para desviar a auga evitando que pase polo Pantano

O proxecto, valorado en 54.367,47 euros, desviará a subministración de auga para que non pase polo encoro e evitar así os altos niveis de ferro que se concentran no Pantano cando este baixa de nivel. O goberno local, a veciñanza e os hostaleiros esperan que esta sexa a solución definitiva ao problema

Non toda a auga é cristalina en Guitiriz

Launch
Copy this timeline Login to copy this timeline 3d Game mode

Contact us

We'd love to hear from you. Please send questions or feedback to the below email addresses.

Before contacting us, you may wish to visit our FAQs page which has lots of useful info on Tiki-Toki.

We can be contacted by email at: hello@tiki-toki.com.

You can also follow us on twitter at twitter.com/tiki_toki.

If you are having any problems with Tiki-Toki, please contact us as at: help@tiki-toki.com

Close

Edit this timeline

Enter your name and the secret word given to you by the timeline's owner.

3-40 true Name must be at least three characters
3-40 true You need a secret word to edit this timeline

Checking details

Please check details and try again

Go
Close