ESPAÑA NO SÉCULO XIX

1807-04-01 00:00:00

Reinado de Carlos IV

Reina Carlos IV, que está enfrentado co seu fillo Fernando pola coroa de España. España era aliada de Francia (por un acordo entre os franceses e o primeiro ministro Godoy), así que deixou pasar o exército de Napoleón Bonaparte para invadir Portugal, pero... Invaden España!! Isto provoca que os españois se levanten en armas no MOTÍN DE ARANXUEZ. Os amotinados: 1. Destitúen a Godoy, 2. Fan que Carlos IV abdique no seu fillo e 3. Coroan a Fernando VII

1808-01-01 00:00:00

XOSÉ BONAPARTE

Napoleón chama a Baiona (Francia) a Carlos IV e Fernando VII dicíncolles que ía mediar entre eles, pero... obrígalles a entregar o trono ao seu irmán Xosé.

1808-05-02 00:06:19

LEVANTAMENTO DO 2 DE MAIO

Reina Xosé I. O pobo español mosquéase polo traslado da familia real a Francia e pola entrada do exército francés. Por esto prodúcese unha REVOLTA POPULAR que comeza en Madrid o 2 de maio e exténdese despois por toda España. Estes grupos estaban organizados pola Xunta Suprema Central e as Xuntas provinciais e locais de defensa. Comeza a GUERRA DA INDEPENDENCIA que durará ata 1814

1810-02-01 00:00:00

AS CORTES DE CÁDIZ

CÁDIZ (1810), cidade libre do exército francés. Convócanse aquí as CORTES como representación do pobo español. O máis importante foi a elaboración da CONSTITUCIÓN. Aquí comeza a abolición do RÉXIME SEÑORIAL (a perda de privilexios por parte dos nobres), pois a principal fonte de riqueza na primeira metade deste século era a propiedade da terra, en mans dos nobres e con "danos" para o pobo llano.

1812-03-19 00:00:00

A PEPA

O día de San Xosé (19 de marzo de 1812) apróbase a 1ª CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA (a Pepa) que non se chegou a aplicar. Os 4 puntos fundamentais dos que trataba eran: 1.- SOBERANÍA NACIONAL (limitaba o poder da monarquía), 2.- DECLARACIÓN DE DEREITOS E LIBERDADES (por exemplo: o dereito a educación), 3.- DIVISIÓN DE PODERES (executivo, lexislativo e xurídico) e 4.- RECOÑECEMENTO DA IGUALDADE de tódolos cidadáns ante a lei.

1814-01-05 00:00:00

FIN DA GUERRA DA INDEPENDENCIA

En 1814 os españois gañan a guerra axudados polos ingleses, pero con CONSECUENCIAS... - morreu o 10% da poboación - moita destrucción - consecuencias morais - consecuencias políticas por diferencias de opinión (o que favorece que se inicie a emancipación das colonias americanas). A todo esto hai que sumarlle que se SUPRIMEN as Cortes de Cádiz e que FERNANDO VII volve reinar.

1814-12-01 00:00:00

SEXENIO ABSOLUTISTA

(1814-1820) Reina Fernando VII outra vez. Reinou de maneira absolutista, o que provocou levantamentos liderados por militares liberais.

1816-01-08 15:52:37

PERDENDO AS COLONIAS

(1816-1824) Vaise perdendo o poder nas colonias por varias razóns: 1.- España está débil pola guerra da Independencia. 2.- As colonias copian o exemplo da independencia dos Estados Unidos. Así, España deixa de ser POTENCIA INTERNACIONAL, pero quedan sen independizarse todavía Cuba e Puerto Rico.

1820-01-08 15:52:37

TRIENIO LIBERAL

(1820-1823) Por mediación do coronel RIEGO os absolutistas aceptan unha MONARQUÍA CONSTITUCIONAL

1823-01-08 15:52:37

DÉCADA OMINOSA

(1823-1833) Co apoio militar da " Santa Alianza" (Austria, Rusia e Prusia) Fernando VII volve ser MONARCA ABSOLUTISTA. Cara o final deste período, iniciouse en España un lento proceso de INDUSTRIALIZACIÓN, moi por debaixo doutros países europeos, e en zonas moi delimitadas (industria textil en Cataluña, e siderurxia no País Vasco). Non se estendía a outras zonas por falta de capital para investir, a inexistencia dun mercado interior, dunha rede de transportes e a escaseza de recursos enerxéticos

1833-01-08 15:52:37

1ª GUERRA CARLISTA

En 1833 morre Fernando VII. Antes fixo anular a LEI SÁLICA, que prohibía gobernar ás mulleres, e de esta maneira a súa filla ISABEL podía reinar. Os liberalistas aceptaron ben isto (os ISABELINOS); pero os absolutistas non (OS CARLISTAS), e proclaman rei ao irmán de Fernando: CARLOS. Coróase a Isabel, pero como era unha nena, queda como REXENTE a súa nai MARÍA CRISTINA DE BORBÓN, que recortou algúns principios constitucionais. Estas disputas entre os dous bandos deron lugar a unha guerra civil, a 1ª guerra carlista (1833-1839), onde gañou o bando isabelino e que se sudería con outras dúas en anos posteriores.. Neste clima, por presións, Mª Cristina nomeou PRESIDENTE DO GOBERNO a Mendizabal. Éste realizou a DESAMORTIZACIÓN dos bens eclesiásticos e comunais, é dicir, pasaron a ser do estado para vendelos en poxa, para realizar unha REFORMA AGRARIA e modernizar a agricultura. Pero só puideron acceder á compra os nobres e os burgueses adiñeirados. Os campesiños foron contratados como xornaleiros en condicións durísimas. Neste século, polos cambios políticos e económicos, a sociedade estamental foi substituída pola SOCIEDADE DE CLASES. Agora pertencíase a unha clase ou a outra polas riquezas e non polo nacemento. Nesta nova sociedade destacaron A BURGUESÍA ( persoas adiñeiradas propietarias das fábricas, minas, bancos,... ) e clase obreira ou O PROLETARIADO ( ofrecían o seu traballo a cambio dun salario moi baixo. O salario das mulleres e nenos todavía era inferior )

1840-01-08 15:52:37

RENUNCIA DE Mª CRISTINA

En 1840 Mª Cristina renuncia pola presión popular e queda como NOVO REXENTE o popular xeneral Espartero

1843-01-08 15:52:37

REINADO DE ISABEL

(1843-1868). Raíña, Isabel II. No poder altérnanse liberais PROGRESISTAS e liberais MODERADOS. Clima social axitado e inestable. 3 etapas

1843-12-08 15:52:37

1ª etapa: DÉCADA MODERADA

(1843-1854). Nova CONSTITUCIÓN en 1845 na que a Coroa comparte soberanía coas Cortes. Tamén se limitaron algunhas libertades

1854-01-08 15:52:37

2ª etapa: BIENIO PROGRESISTA

(1854-1856) Comprometeuse a realizar unha REFORMA ECONÓMICA e o desenvolvemento da rede do ferrocarril.

1856-01-08 15:52:37

3ª etapa: FIN DO REINADO

(1856-1868). Marcada pola política e o crecemento económico. Reinstaurouse a constitución de 1845 pero con represión xeneralizada á oposición.

1868-01-08 15:52:37

O SEXENIO DEMOCRÁTICO

Raíña: Isabel II. A corrupción e o malestar social desembocan na REVOLUCIÓN de 1868 que destronou a raíña. Intentáronse varias solucións para solucionar a crise política: 1.- aprobación dun GOBERNO PROVISIONAL do xeneral Serrano e a aprobación da CONSTITUCIÓN de 1869. 2.- A MONARQUÍA DE AMADEO I. (1871-1873). As Cortes nomearon rei ao principe italiano Amadeo de Saboia, que abdicou tras un breve reinado. 3.- A PRIMEIRA REPÚBLICA (1873-1874). Rematou cun golpe de estado que reinstaurou a monarquía con ALFONSO XII, fillo de Isabel

1875-01-08 15:52:37

A RESTAURACIÓN

Rei: Alfonso XII. Durante o seu reinado (1875-1885) houbo estabilidade no goberno, e o rei NON interviña en asuntos políticos. Esta volta á monarquía deu paso a un novo sistema político en que 2 partidos (o Conservador e o Liberal) se alternaron no goberno durante máis de 40 anos. Á morte de Alfonso XII, co seu fillo Alfonso XIII menor de idade, asumiu a rexencia do estado a súa esposa Mª Cristina de Habsburgo (1885-1902).

1876-01-08 15:52:37

MOVEMENTOS SOCIAIS

Nesta época os obreiros toman conciencia da conveniencia de unirse para facer fronte as dificiles condicións de vida e de traballo, e crean COOPERATIVAS (para comprar os alimentos máis baratos) e SINDICATOS (para loitar polas melloras no traballo), seguindo o movemento que se estaba dando en toda Europa. Os sindicatos vinculáronse a Asociación Internacional de Traballadores (AIT), o que contribuíu a difundir as ideas marxistas e anarquistas no movemento obreiro español. As características destas dúas correntes son: 1.- O ANARQUISMO rexeitaba o estado e era partidario da revolución social mediante a loita sindical e os actos violentos. 2.- O MARXISMO por contra defendeu a participación política dos obreiros mediante organizacións como o Partido Socialista Obreiro Español (PSOE), fundado por Pablo Iglesias en 1879.

1898-01-08 15:52:37

PERDA DAS ÚLTIMAS COLONIAS

Dende 1868 había movementos independentistas en Cuba, apoiados por Estados Unidos (por intereses comerciais). En 1898 a rebelión converteuse nunha guerra entre España e os Estados Unidos, onde España caeu derrotada e perdeu as colonias que lle quedaban: Cuba, Filipinas e Puerto Rico. Isto tivo consecuencias: 1.- ECONÓMICAS, porque España entra nunha nova fase de crise. 2.- POLÍTICAS, porque aumenta a desconfianza cara o réxime da RESTAURACIÓN e 3.- CULTURAIS, porque orixinou unha perda de identidade e a demanda dunha renovación profunda da sociedade española.

1898-12-01 00:00:00

CORRENTES ARTÍSTICAS DO S. XIX

1.- ROMANTICISMO. Movemento innovador que trata de plasmar o emotivo e irracional, con temas fantásticos e lendarios; pero tamén históricos e costumistas. Exemplo en pintura sería Federico Madrazo e en literatura Rosalía de Castro ou Gustavo Adolfo Bécquer. 2.- REALISMO. Destaca polo coidado do detalle e a observación minuciosa da realidade. Exemplos e pintura é Mariano Fortuny e en literatura Emilia Pardo Bazán e Benito Pérez Galdós. 3.- IMPRESIONISMO. Co protagonismo do tratamento da luz e a pincelada solta. Exemplo, Joaquín Sorolla. 4.- MODERNISMO. Búscase a innovación e a utilización de novas técnicas. Exemplos: en pintura Ramón Casas e en arquitectura Gaudí.

ESPAÑA NO SÉCULO XIX

Launch
Copy this timeline Login to copy this timeline 3d Game mode

Contact us

We'd love to hear from you. Please send questions or feedback to the below email addresses.

Before contacting us, you may wish to visit our FAQs page which has lots of useful info on Tiki-Toki.

We can be contacted by email at: hello@tiki-toki.com.

You can also follow us on twitter at twitter.com/tiki_toki.

If you are having any problems with Tiki-Toki, please contact us as at: help@tiki-toki.com

Close

Edit this timeline

Enter your name and the secret word given to you by the timeline's owner.

3-40 true Name must be at least three characters
3-40 true You need a secret word to edit this timeline

Checking details

Please check details and try again

Go
Close