Antón Fraguas Fraguas

Antón Fraguas Fraguas, nado en Insuela, en Loureiro (Cotobade), o 28 de decembro de 1905 e falecido en Santiago de Compostela o 5 de novembro de 1999, destacado historiador e antropólogo galeguista, foi escollido polo pleno da Real Academia Galega como o persoeiro homenaxeado no Día das Letras Galegas do vindeiro ano 2019.

1905-12-28 00:00:00

Antón Fraguas Fraguas

Naceu no lugar de Insuela, parroquia de Santiago de Loureiro, daquela Concello de Cotobade, o 28 de decembro de 1905. Foi fillo de Manuel Fraguas Rodríguez, un canteiro solteiro que emigrou a Niterói —daquela capital do Estado de Río de Janeiro (Brasil)— pouco antes de nacer o neno, e de Teresa Fraguas Vázquez, filla tamén dun canteiro, nada en Listanco (Armeses, Maside) en 1873, solteira. Foi á escola publica da parroquia, no lugar da Costa.

1912-12-04 00:00:00

Pai

O pai volveu de América en 1912, casou coa nai e recoñeceu o fillo o 7 de agosto dese ano.

1918-12-26 00:00:00

Migración

En 1918 os pais tiñan decidido volver migrar, desta volta todos xuntos, ao Brasil, e que Antón chegase a ser maquinista de tren, oficio que lle ía aprender un curmán do pai. Refusaron da idea pola intervención dun mestre que tiña escola en Famelga, Augasantas, na que o rapaz ingresou, e que vía no neno capacidades para facer maxisterio.

1919-12-18 00:00:00

Estudos

De 1919 a 1924 estudou o bacharelato no Instituto de Pontevedra, onde foi alumno de, entre outros, Daniel Fraga Aguiar, Alfredo de la Iglesia, Ramón Sobrino Buhigas, Alfonso Daniel Rodríguez Castelao e especialmente de Antón Losada Diéguez, que influíu nel e o converteu ao galeguismo.

1923-12-12 06:52:54

Sociedade da Lingua

Xa en 1923, con 18 anos, fundou en Pontevedra, xunto con outros compañeiros de estudos entre os que se atopaba Sebastián González García-Paz, a Sociedade da Lingua, co obxectivo de loitar na defensa do galego e publicar un dicionario, que non chegou a saír á luz. A súa primeira oratoria en público foi para presentar o agrarista Joaquín Núñez de Couto, e falou contra dos caciques.

1924-12-04 06:52:54

Filosofía e Letras

A partir de 1924 fixo a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela. O primeiro ano foi a un preparatorio, onde tiñan tres catedráticos: Ciriaco Pérez Bustamante (Historia), Armando Cotarelo Valledor (Literatura) e Ramón Gallego García (Filosofía). En Santiago de Compostela viviu no número 24 da rúa do Hórreo. Animado por Ramón Martínez López, ingresou nas Irmandades da Fala, presididas por Vicente Risco, e comezou a colaborar co Seminario de Estudos Galegos.

1928-12-13 00:00:00

Estudos

Comezou a colaborar co Seminario de Estudos Galegos, no que foi admitido como membro en 1928, nas seccións de Xeografía (dirixida por Ramón Otero Pedrayo), Etnografía e Folclore (dirixida por Risco) e Prehistoria (dirixida por Florentino López Cuevillas). Dentro do Seminario, unha bolsa da Junta para Ampliación de Estudios permitiulle participar na catalogación dos castros da zona de Lalín e iniciou o estudo da xeografía histórica de Galicia, dedicándose especialmente ás rías Baixas e ás terras do Concello de Cotobade. Como etnógrafo, comezou co estudo dos costumes ó redor do Entroido. Tamén foi bibliotecario da institución, dedicándose a facer fichas da bibliografía galega, e participou na formación do Museo Etnográfico do Seminario instalado no Colexio de Fonseca. Licenciouse en 1928.

1929-04-06 10:12:01

Estudos

En 1929 iniciouse na docencia na Facultade de Xeografía e Historia de Santiago de Compostela, onde exerceu como profesor auxiliar ata 1933.

1932-07-16 10:12:01

A súa muller

O 16 de xullo de 1932 casou en Valga con Teresa Martínez Magariños (1903-1996), coa que nunca chegaría a ter fillos.

1933-07-06 10:12:01

Profesor

Foi profesor do instituto da Estrada desde 1933 ata o comezo da guerra civil. Os primeiros profesores foron: Vidal Abascal (Matemáticas), Mosquera Caramelo (Ciencias), Mercedes Costa (Literatura), Antón Fraguas (Xeografía e secretario), Antonio Lino (Francés e director) e Francisco Luque (Física e Química). Algúns como Antón Fraguas ou Vidal Abascal chegarían a alcanzar gran notoriedade.

1936-07-02 10:12:01

La Voz de Cotobad

En xullo de 1936 apareceu La Voz de Cotobad baixo a súa dirección. Participou nas campañas a favor do Estatuto de 1936 e tralo Golpe de Estado do 18 de xullo sufriu represión polas súas actitudes galeguistas, sendo depurado do seu posto de traballo. Tras ser detido, ademais, foi obrigado a borrar con sosa cáustica as pintadas a prol do Estatuto. Tivo que traballar no ensino privado e xunto co crego Ramón Davila García creou a Academia Menéndez y Pelayo no pazo de Amarante,

1944-07-11 10:12:01

Seminario de Estudos Galegos

Fraguas foi un dos protagonistas da transformación do Seminario de Estudos Galegos, desmantelado polo réxime de Francisco Franco, no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, constituído en 1944, no que foi bibliotecario, secretario e director da sección de Etnografía e Folclore, publicando as súas investigacións na revista editada polo Instituto, Cuadernos de Estudios Gallegos.

1944-07-11 10:12:01

Real Academia Galega

O 19 de abril de 1951 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega, na que ingresou o 8 de maio, ocupando a cadeira que deixara Castelao. Foi presentado por Salustiano Portela Pazos, Ramón Otero Pedrayo e Luís Iglesias Iglesias, e o seu discurso de ingreso, Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán (Coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade), foi contestado por Otero Pedrayo.

1950-07-06 10:12:01

Profesor

Tivo que traballar no ensino privado e xunto co crego Ramón Davila García creou a Academia Menéndez y Pelayo no pazo de Amarante, ata que en 1950 puido recuperar a cátedra de instituto e puido doutorarse, o que fixo na Universidade de Madrid cunha tese sobre o Colexio de Fonseca. O 6 de maio de 1950 foi nomeado catedrático de Xeografía e Historia do Instituto Nacional Masculino de Lugo (actual IES Lucus Augusti) ata 1959, no que foi secretario e xefe de estudos, colaborando tamén co Museo Provincial e co Museo Diocesano e Catedralicio

1955-07-07 10:12:01

Sociedade Económica de Amigos do País

En 1955 traballou na biblioteca da Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. A Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago (RSEAP de Santiago) é unha das Sociedades Económicas que xurdiron en España e noutros países, como Irlanda e Suíza, a partir da segunda metade do século XVIII no marco das ideas da Ilustración.

1959-07-09 10:12:01

Traslado

En 1959 pediu traslado a Santiago de Compostela, ao Instituto Nacional de Enseñanza Media Rosalía de Castro no Colexio de San Clemente (actual IES Rosalía de Castro), onde exerceu a docencia e foi xefe de estudos ata a súa xubilación en 1975.

1963-07-11 10:12:01

Museo Municipal de Santiago

En 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago, instalado no convento de San Domingos de Bonaval, que en 1975 pasou a ser denominado Museo do Pobo Galego. Xaquín Lorenzo era o Presidente da Fundación e, á morte deste en 1989, Fraguas ocupou os cargos de director e presidente.

1969-07-03 10:12:01

Exposición sobre o traxe galego

En 1969 organizou, en colaboración con Xoán Naya Pérez e Ricardo Carballo Calero, unha exposición sobre o traxe galego nos locais do Instituto Padre Sarmiento.

1983-07-14 10:12:01

Outros Cargos

Outros cargos e actividades que desempeñou Fraguas ao longo da súa vida foron: O 8 de xullo de 1983 créase o Consello da Cultura Galega, do que é nomeado membro a título individual e no que participa activamente, sobre todo, como coordinador da sección de Antropoloxía Cultural, unha das máis dinámicas daqueles anos, datando da súa época varias publicacións e congresos. Promotor, membro numerario e bibliotecario da Real Academia Galega de Ciencias, correspondente da Real Academia de la Historia, a Associação dos Arqueólogos Portugueses e a Sociedade Portuguesa de Antropologia e Etnologia.

1992-07-09 10:12:01

Nomeamentos

Antonio Fraguas é unha das persoas máis queridas e respectadas de Compostela, pola súa bonhomía, sabedoría e amabilidade. Todos saben do seu traballo, dende mozo, desinteresado, silandeiro e constante a prol da nosa cultura, sen nunca agardar nada a cambio. Por iso cada vez son máis as sociedades culturais e institucións que fan público o recoñecemento dos seus méritos, con premios e nomeamentos: Pedrón de Ouro, premio Trasalba, medalla Castelao, premio de Investigación da Xunta de Galicia, Cronista Xeral de Galicia, premio das Letras e das Artes da Xunta de Galicia; Lugo, Melide e Santiago de Compostela danlle o seu nome a unha rúa etc.

1994-07-07 10:12:01

Doou a súa biblioteca

Decide doar a súa biblioteca ao Museo do Pobo Galego para que calquera persoa poida consultar os seus libros e, principalmente, aqueles que non teñen ningún nas súas casas, coma na del cando era neno. Asina a cesión o 17 de decembro de 1994, ao tempo que escribe no libro de ouro do Museo: No día que deixamos o noso "tesouro", a sinxela biblioteca co pensamento na nosa terra e na nosa cultura. Deste xeito, os miles de libros que foi adquirindo dende mozo –moitas veces privándose doutras cousas–, están agora a disposición de todos cantos se interesen pola nosa cultura.

1996-12-05 09:20:47

Falecemento da súa dona

O 29 de marzo de 1996 falece dona Teresa, coa que casara en 1932. Malia a tristura da soidade (non tiveron descendencia), non por iso deixou de traballar e de asistir a todos os actos, mentres tivo folgos para facelo.

1999-07-08 10:12:01

Morte

Finou por causa dunha doenza cardíaca no Hospital Clínico de Santiago o 5 de novembro de 1999, aos 93 anos de idade. A capela ardente situouse no auditorio do Museo do Pobo Galego, antes de que o seu corpo pasase a repousar ao lado de Aurelio Aguirre e Ramón María del Valle-Inclán, no cemiterio de Boisaca.

Antón Fraguas Fraguas

Launch
Copy this timeline Login to copy this timeline 3d Game mode

Contact us

We'd love to hear from you. Please send questions or feedback to the below email addresses.

Before contacting us, you may wish to visit our FAQs page which has lots of useful info on Tiki-Toki.

We can be contacted by email at: hello@tiki-toki.com.

You can also follow us on twitter at twitter.com/tiki_toki.

If you are having any problems with Tiki-Toki, please contact us as at: help@tiki-toki.com

Close

Edit this timeline

Enter your name and the secret word given to you by the timeline's owner.

3-40 true Name must be at least three characters
3-40 true You need a secret word to edit this timeline

Checking details

Please check details and try again

Go
Close