A vida de Margaret Keane
Unha vida na que o medo a dicir a vedade e a contradecir as ordes do seu marido a levou a vivir triste e recluída
A vida desta pintora víuse marcada polo amor polo arte e pola pintura que tivo desde ben pequena. ;xNLx;Convertíuse nunha gran pintora e conseguiu atopar o seu selo propio. Pero a autoría dos seus cadros foille arrebatada polo seu propio marido Walter Keane.;xNLx;Esta é unha historia na que o medo pasou a ser valentía para enfrontarse a un home que soamente buscaba a fama a través do traballo doutra persoa.;xNLx;;xNLx;Autora: Nerea Aragunde;xNLx;;xNLx;Fontes utilizadas: The New York Times magazine, Algarabía, Mistura Urbana
1927-09-15 11:05:17
Nacemento de Margaret Keane
A pintora naceu en Nashville, Tennessee. Os seus pais puxéronlle o nome de Margaret Doris Hawkins, aínda que cariñosamente a chamaban Peggy.
1948-09-15 16:14:13
Margaret cásase con Frank Ulbrich
Este foi o primeiro matrimonio de Margaret, que adoptou o apelido do seu marido.
1950-07-23 04:50:47
Margaret dá a luz á súa primeira filla
Froito do seu primeiro matrimonio Margaret tivo unha nena chamada Jane que ao largo da súa carreira de artista protagonizou algunha das súas pinturas. Na fotografía pódese ver a Margaret Keane coa súa filla Jane Ulrbich na actualidade nun acto de presentación dunha película baseada na súa vida.
1955-08-12 08:40:21
Divorcio de Frank Ulbrich
Tras 7 anos de matrimonio e unha filla en común a parella decidiu divorciarse.
1955-08-12 08:40:21
Casamento con Walter Keane
No ano 1955 Margaret casou por segunda vez e deixou atrás o apelido Ulbrich para pasar a ser Keane
1959-01-22 22:56:30
Publicación da primeira súa primeira obra
En 1959 Margaret publicou o seu primeiro cadro. Con el comezou a técnica que o público denominou como "big eyes" debido á preferencia por debuxar os ollos das personaxes máis grandes e redondos do normal, facendo que sobresaian e gañen protagonismo no cadro.
1960-06-27 08:17:04
Os "Big eyes" fánse populares e Walter aprópiase a autoría dos cadros
Os cadros eran firmados como "Keane". O público interpretou que quen pintaba era Walter, o seu marido. Ao ver o éxito das obras el deixou o seu traballo e dedicouse a vendel os cadros. Todo isto outorgoulle, a ollos do público, a autoría a él. Na década dos anos 60 os "big eyes" volvéronse moi populares. Durante os anos que durou o seu matrimonio Margaret vivía recluída na súa casa pintando a todas horas. Nunha entrevista á New York Times Magazine asegurou que ''I'd have to lock the door of the paint room''. ''He wouldn't allow anyone in. I was like a prisoner.'' Era unha esclava ás ordes do seu marido. Na fotografía pódese ver a Walter finxindo que pintaba un dos cadros.
1965-12-18 15:22:37
Margaret divorciase de Walter
Ambos reclaman a autoría das obras "big eyes". Margaret afirma que os cadros son seus aínda que Walter non recoñecía nada sobre iso, xa que suporía admitir que estivera mentindo durante todo ese tempo.
1967-04-09 05:41:41
A súa firma pasa a ser MDH Keane
Co fin de diferenciar a etapa na que a súa obra foi atribuída ao seu marido da súa nova etapa artistia pasou de firmar soamente como "Keane" a "MDH Keane", facendo referencia ás inciais do seu nome de solteira: Margaret Doris Hawkins. A pesar do seu divorcio decidiu manter o apelido do seu ex-marido, xa que era co que firmara todas as súas obras e polo que se recoñecía ese traballo.
1970-02-08 15:38:18
Margaret reta a Walter a pintar un cadro en directo frente ao público
A San Francisco's Union Square foi o lugar escollido para retar a Walter a pintar un dos seus famosos cadros en directo. Durante unha hora Margaret estivo pintando un dos cadros de "big eyes" característicos da súa obra. Pero Walter non se presentou, o que para o público xa serviu como demostración de que Margaret era a verdadeira autora.
1970-11-18 02:54:56
Margaret casa por terceira vez
En 1970 contrae matrimonio con Dan McGuire. Tras a súa mala experiencia como artista, Margaret estaba decaída e foi McGuire quen lle axudou a recobrar a confianza e loitar pola súa obra.
1986-09-05 23:37:55
Margaret demanda a Walter pola autoría das súas obras
Tras tantos anos aguantando que o seu exmarido se levase o recoñecemento polas súas obras decicíu demandalo para que todo o público descubrise a verdade. Ademais, tamén demandou ao xornal USA Today por un artigo no que lle daban a razón a Walter. Para probar no xuízo que era ela quen pintaba o xuez pedíulles a ambos que pintasen en directo un cadro. Ela rematouno en 53 minutos, mentres que Walter deixou o lenzo en branco acusando unha lesión no seu ombreiro. Con isto, ela gañou o caso e por fin se lle recoñeceu legalmente a autoría das súas obras e déuselle o dereito de firmar os seus cadros como "Keane", nome co que firmaba os cadros dende había anos. Nunha entrevista a New York Times en 1999 Margaret contou que soamente lle deran unha hora para facelo e engadiu que "It was the fastest I ever painted in my life".
2014-07-03 22:42:47
Estrea da película "Big Eyes"
O director de cine Tim Butron decidíu levar á gran pantalla a historia de Margaret Keane. Nesta película Burton ponse de parte da artista culpabilizando, castigando e ridiculizando a Walter Keane. Como o propio cartel di: "Ella los pintaba. Él los vendía. Y todos se lo creyeron". Unha frase que define moi ben a historia de Margaret.