MANUEL MARÍA

1929-10-06 00:00:00

Manuel María Fernández Teixeiro

Nace en Outeiro de Rei (Lugo)o 6 de outubro de 1929 .

1950-05-16 12:07:24

Muiñeiro de brétemas

Inicia a súa andaina poética coa publicación de Muiñeiro de brétemas. Sae á luz en 1950 na colección Benito Soto, un ano despois de que fora escrito durante o verán no seu Outeiro de Rei natal. Tiña só 19 anos e, malia o tempo no que lle tocou medrar, pudo coñecer desde a escola algunha poesía galega que marcaría esta obra de iniciación. CARA A TI "Vou a ti decote cada día co ollar enmallado nunha nao que o vento desfiaña pouco a pouco na espuma dorida do teu peito. E brillas nesa espuma sedenta dunha luz tremelucente que escintila nunha bágoa xa ferida na manteliña prateada dunha estrela. Vou a ti, sedento de saloucos e de brétemas, depenicando alalás entre a follaxe acesa por folerpas que fuxían no afiado coitelo do sorriso. (Non debullo lonxanía polo ermo nin o vento morno me desvía). Vou a ti deixando nun luceiro unha vella ronseira que se afoga nun estraño fío prateado que garda un chirlo amorosiño. Ollo fuxir cara o nordés un pensamento que vai só para ti, para que che diga a mensaxe calada dun retorno."

1952-05-16 05:28:01

Morrendo a cada intre

Morrendo a cada intre, 1ª ed., La Voz de la Verdad, Lugo, 1952, portada e ilustración de Manuel María. Libro de poesía de temática existencial.

1952-09-08 11:41:49

Contos en cuarto crecente

1ª ed., Ediciones Celta, Lugo, 1952, limiar de M. de Rivas; contos: "Vosoutras, miñas amigas", "O idilio dun paxaro", "A Rosa", "Conto para durmir un neno", "O bico", "A luzada" e "O Tío Casas"

1954-05-01 00:00:00

Advento

Advento, 1ª ed., Ediciones Galicia do Centro Galego de Bos Aires, Bos Aires, 1954, premio Castelao de Poesía 1951 do Centro Galego de Bos Aires, portada de Luís Seoane.

1954-05-19 00:00:00

Terra Cha

Terra Cha, 1ª ed., Ediciones Celta, Lugo, 1954, limiar de Ánxel Fole (55 poemas). A evocación da paisaxe da súa terra natal foi unha das constantes da obra de Manuel María. Terra Chá A Terra Cha somentes é: un povo aquí, outro acolá, mil arbres, monte raso, un ceo chumbo e tráxico no que andan as aves a voar. O resto é soedá.

1957-11-30 11:41:49

Auto do taberneiro

1ª ed., Quatro Ventos, nº 10, Braga, 1957 (separata).

1958-05-16 01:50:24

Manuel María e Monforte de Lemos

En 1958 instalouse en Monforte de Lemos (Lugo), cidade na que permaneceu durante a maior parte da súa vida, como procurador dos tribunais e á que dedicou un poemario (Cancioneiro de Monforte de Lemos)

1958-05-17 00:00:00

Documentos personaes

1958-06-30 11:41:49

Notas encol da poesía de Fermín Bouza-Brei

Separata de Boletín da Real Academia Galega, nº 327-333, A Coruña, 1958, pp. 125-140.

1961-11-30 11:41:49

Auto do labrego

1ª ed., separata de Céltica, nº 4, Porto, 1961; accésit Premio Valle-Inclán de Teatro. I Certame Literario do Miño. Lugo, 1960.

1961-12-01 11:41:49

Auto do mariñeiro

1ª ed., Vida Gallega, nº 75-76, Vigo, agosto, 1961, p. 137

1962-05-17 00:00:00

Libro de pregos

1ª ed., Ediciones Celta, Lugo, 1962, premio Pondal de Poesía 1954 do Centro Galego de Bos Aires

1963-05-17 00:00:00

Mar Maior

1ª ed., Editorial Galaxia, Col. Salnés, nº 9, Vigo, 1963. Acougade. Acougade un pouquiño para que se vaia a brétema soíña… Manuel María, «Serán» (1963)

1967-06-30 11:41:49

Raimon, poeta do noso tempo

Separata de Grial, nº 18, Editorial Galaxia. Vigo, 1967, pp. 463-478.

1968-05-01 11:41:49

Barriga verde

1ª ed., Edicións Castrelos, Col. O Moucho, nº 8, Vigo, 1968

1968-05-17 00:00:00

Os soños na gaiola

1ª ed., Cartonaxes Anmi, Lugo, 1968, edición non venal. Libro definido polo propio Manuel María como “os versos que este humilde autor botou de menos cando el era neno”

1968-06-30 11:41:49

Noticia da vida e poesía de Xosé Crecente Vega

Faculdade de Letras da Universidade de Coimbra, Coimbra, 1968, separata de Biblos, vol. XL.

1968-10-17 00:00:00

Proba documental

1ª ed., Edicións Xistral, Col. Val de Lemos, nº 2, Monforte, 1968

1969-05-17 09:48:52

Versos para cantar en feiras e romaxes

1ª ed., Edicións Patronato da Cultura Galega, Montevideo, 1969,portada e ilustracións de Luís Seoane.

1969-10-17 00:00:00

Versos para un país de minifundios

1ª ed., Edicións Nós, Bos Aires, 1969, limiar de Xosé Luís Méndez Ferrín, ilustracións de Alberto Castro Couso

1970-05-17 09:48:52

Cancións do lusco ao fusco

1ª ed., Edicións Xistral, Col. Val de Lemos, nº 6, Monforte, 1970

1970-10-17 09:48:52

Remol

1ª ed., Edicións Nós, Bos Aires, 1970, limiar de Manuel María, portada de Alberto Castro Couso

1970-10-17 09:48:52

Odes nun tempo de paz e de ledicia

1ª ed., Editorial Razão Actual, Col. Poesía, nº 4, Porto (Portugal), 1972, limiar de Margarita Ledo Andión

1971-09-08 11:41:49

O xornaleiro e sete testemuñas máis

O xornaleiro e sete testimuñas máis, 1ª ed., Ediciones Galicia, Centro Galego de Bos Aires, Bos Aires, 1971, ilustracións de Antonio Abreu Santos, Premio Narrativa Centro Galego de Bos Aires 1969; contos/relatos: "O xornaleiro", "Anacos dun diario", "A rebusqueira", "O liberado", "Carta a un amigo que vive no estranxeiro", "Xan López, obreiro" e "O home que se fixo a si mesmo".

1972-06-30 11:41:49

Noticia da poesía galega de posguerra

Separata de Lingua e Cultura, tomo II, nº 1, Sociedade de Lingua Portuguesa, Lisboa, 1972

1973-05-01 11:41:49

Auto da costureira

1ª ed., 30 cabodano do Hogar Gallego para Ancianos (suplemento), Bos Aires, 1973.

1973-07-22 18:36:44

Laio e clamor pola Bretaña

1ª ed., Editorial Poesía & Ficção, Lisboa (Portugal), 1973, limiar de Francisco Rodríguez. Alegato a prol dos dereitos dos pobos sen Estado a decidiren por si mesmos.

1973-09-08 11:41:49

Krikoi, Fanoi e D. Lobonís

1ª ed., Edicións Castrelos, Col. O Moucho, nº 33, Vigo, 1973; recolle 7 contos/relatos: "O Kricoi está no Cereixal", "O Forquitas", "A loita de Fanoi", "O Xesús", "A abella chamábase Avesás", "Informe político-cívico-municipal encol do concello e dos ilustres rexidores da vila de Caravel da Raíña"e "Suceso da ovella Merela e Don Lobonis".

1973-10-17 09:48:52

Aldraxe contra a xistra

1ª ed., Edicións Roi Xordo, Xenebra, 1973

1973-12-17 09:48:52

Informe para axudar a alcender unha cerilla

1ª ed., Edicións Patronato da Cultura Galega, Montevideo, 1973, portada de Luís Seoane

1976-12-18 09:48:51

Cantos rodados para alleados e colonizados

1ª ed., Edicións Xistral, Col. Alexandre Bóveda, nº 2, Pontevedra, 1976

1977-12-18 09:48:51

Poemas ao Outono

1ª ed., Agrupación Cultural Galega Lóstrego e Edicións Xistral, Madrid, 1977, portada de Xurxo Fernández

1977-12-30 09:48:51

Poemas para construír unha patria

1ª ed., Edicións Ceibe. Frente Cultural da AN-PG, Galiza, 1977, limiar do Frente Cultural Galego

1978-05-01 11:41:49

Semente de dramón dos medios de comunicación

Semente de dramón dos medios de comunicación (fragmento), en "Especial Letras Galegas", A Nosa Terra, nº 14, Vigo, 12-V-1978, p. 14.

1978-05-30 09:48:51

O libro das baladas

1ª ed., Follas Novas Edicións, Col. Lumeiro, nº 3, Santiago, 1978

1979-05-01 11:41:49

Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela

1ª ed., Cadernos da Escola Dramática Galega, nº 5, A Coruña, 1979, portada de Xan González

1979-05-30 09:48:51

As rúas do vento ceibe

1ª ed., Asociación Socio-Pedagóxica Galega e Edicións Xistral, A Coruña, 1979, limiar de Manuel María, portada e ilustracións de P. A. Estévez

1979-10-30 09:48:51

Catavento de neutrós domesticados

1ª ed., Editorial Alvarellos, Lugo, 1979, portada e ilustracións de Xohán Clodio

1981-10-30 09:48:51

Poemas da labarada estremecida

1ª ed., Edicións Xistral, Col. Ramón Cabanillas, Vigo, 1981, portada e ilustracións de Felipe Senén

1982-05-01 11:41:49

Auto do maio esmaiolado

1ª ed., Cadernos da Escola Dramática Galega, nº 25, A Coruña, 1982, portada de Perfecto A. Estévez

1982-10-30 09:48:51

Escolma de poetas de Outeiro de Rei

1ª ed., Edicións Xerais de Galicia, S.A., Col. Montes e fontes, Vigo, 1982, limiar de Manuel María, portada e ilustracións de Xoán Carlos L. Blanco

1982-12-30 09:48:51

Versos do lume e do vagalume

1ª ed., Galiza Editora, Ourense, 1982, portada e ilustracións de Joám Guisán Seixas

1984-05-30 09:48:51

A luz resucitada

1ª ed., AGAL, Col. Criaçom, A Coruña, 1984, limiar de António Gil Hernández, portada de Esmeralda M. de Leiján

1984-11-30 09:48:51

Cantigueiro de Orcellón

1ª ed., Ediciós Avantar, O Carballiño, 1984, limiares de Felipe Senén e Manuel María, portada e ilustracións de Felipe Senén

1985-05-01 11:41:49

Auto do camiñante

1ª ed., Follas secas, nº 2, Ourense, 1985

1985-11-30 09:48:51

O camiño é unha nostalxia

1ª ed., Arracada. Galería de Arte e Creación, A Coruña, 1985, limiar de Pilar Vázquez Cuesta, portada de Arracada, ilustrado con fotografías monocromas de temas artísticos

1986-05-01 11:41:49

Auto do pescador de cana

1ª ed., Follas secas, nº 6, Ourense, 1986.

1986-06-01 11:41:49

Entremés da OTAN

1ª ed., Follas secas, nº 9, Ourense, 1986.

1986-11-30 09:48:51

Oráculos para cavaliños do demo

1ª ed., Caixa Ourense, Ourense, 1986, portada de Carlos Quesada

MANUEL MARÍA

Launch
Copy this timeline Login to copy this timeline 3d Game mode

Contact us

We'd love to hear from you. Please send questions or feedback to the below email addresses.

Before contacting us, you may wish to visit our FAQs page which has lots of useful info on Tiki-Toki.

We can be contacted by email at: hello@tiki-toki.com.

You can also follow us on twitter at twitter.com/tiki_toki.

If you are having any problems with Tiki-Toki, please contact us as at: help@tiki-toki.com

Close

Edit this timeline

Enter your name and the secret word given to you by the timeline's owner.

3-40 true Name must be at least three characters
3-40 true You need a secret word to edit this timeline

Checking details

Please check details and try again

Go
Close