Cineclubes de Galicia

Liña temporal dos Feitos cinemotagráficos máis relevantes acontecidos en Galicia, así como os Cineclubes constítuidos no noso país

Realizado pola «Feciga», (abreviatura da ;xSTx;b;xETx;Federación de Cineclubes de Galicia;xSTx;/b;xETx;)

1954-06-13 00:00:00

Cineclube Pontevedra

O 13 de xuño de 1954 comezaron as actividades culturais, do Cineclube Pontevedra, coa primeira sesión cinematográfica, que consistiu na proxección dos documentais «France 4»: «Saisons», «Van Gogh», «Versailles et ses fantômes» e «Balzac», todos eles cedidos pola Embaixada de Francia. O domicilio social estableceuse, daquela, nas oficinas da Delegación Provincial de Información e Turismo de Pontevedra, cedidas polo Delegado Provincial, Álvarez Villar. A autorización definitiva data do 18 de agosto de 1954. O 17 de outubro de 1955 produciuse o primeiro cambio na xunta directiva. A partir de aí, Juan Manuel Lezcano y Castedo pasou a ser o impulsor do Cineclube Pontevedra, ben como secretario ou como presidente, ata os anos 80, cando o substituíron xeracións máis novas. Nestes máis de 50 anos, o Cineclube Pontevedra mantivo a súa actividade ininterrompidamente a pesar dos avatares e cambios ocorridos nas preferencias do público, nos cinéfilos e nos medios audiovisuais. Entre as múltiples actividades desenvolvidas de forma regular están o Ciclo Cine de Actualidade, o Ciclo Historia do Cine, o Ciclo de Cine dedicado á Muller, as Noites Abertas, o Ciclo de Cine Galego, o Ciclo «Discapacidade no Cine», as sesións de Cine na Rúa e a Semana de Cine Infantil. Ademais das actividades culturais regulares para socios, tamén realiza cursos temáticos e asesora centros culturais e do ensino que queren facer ciclos. En 2004, o Cineclube recibiu o Premio Especial José Sellier á Traxectoria Empresarial ou Institucional, concedido pola Academia Galega do Audiovisual.

1961-11-05 00:00:00

Cineclube do SEU de Santiago

O 5 de novembro de 1961 constítuese o Cineclube do SEU de Santiago (ainda que mudou varias veces de nome) da man de Ezequiel Méndez Vidal; a súa primeira proxección foi «O alcalde, o escribano e o seu abrigo» (1952) de Alberto Lattuada. Chegou a contar cun millar de socios/as sendo o máis importante daquela no estado español. Desapareceu en 1975.

1966-02-18 18:57:52

Cineclube Valle-Inclán

Constítuese o 18 de febreiro de 1966 o cineclube Valle-Inclán.

1969-03-09 09:16:44

Cineclube Carballiño

Nace O cineclube Carballiño co obxectivo inicial de promover a cultura cinematográfica na comarca do Arenteiro.

1970-10-30 00:00:00

Cineclube Padre Feijoo

A principios do curso 1970-71 naceu, como actividade cultural dentro da Escola de Maxisterio de Ourense, o cineclube Padre Feijoo, herdeiro da tradición cineclubista da cidade que durante os sesenta foi representada polos cineclubes Ourense (1961), Miño —ata 1964— e Alianza Francesa (AFO) —ata 1971—.

1976-05-10 00:00:00

Cineclube Ádega

Fundase o Cineclube Ádega. Da súa importancia fala o feito de ter sido en Vilagarcía onde se fundou a Federación de Cineclubes de Galicia no ano 1984.

1977-04-25 00:00:00

Cineclube Cangas

Comezan as actividades cinematográficas do Cineclube Cangas.

1980-01-15 00:00:00

Cineclube Groucho Marx

O Cineclube Groucho Marx principia a súa andaina a principios deste ano.

1982-05-17 00:00:00

Cineclube Carlos Varela Veiga

Crease en Compostela o cineclube Carlos Varela Veiga, na memoria do cineasta galego (e presidente do cineclube Valle-Inclán); Ramiro Ledo (fundador do Cineclube Compostela) recolleu parte das súas gravacións e dirixiu CCCV Cineclube Carlos Varela (2005). A entidade se mantería en activo ata o ano 1987

1989-05-10 00:00:00

Cineclube Barbanza

No ano 1989, e como reacción a carencia de cine na vila de Boiro, naceu o Cineclube Barbanza. A súa programación articulouse en torno a películas en versión orixinal e títulos con certa sona pero escollidos con criterios de calidade. Proxectaban unha película cada quince días.

1992-05-11 00:00:00

Cineclube O Castelo

Nace o Cineclube O Castelo. As primeiras proxeccións fixéronse en formato 16mm na Casa da Cultura, cedida polo Concello de Allariz. A partires de outubro de 1992 comezou a proxectar en formato 35mm. As proxeccións levábanse a cabo cada quince días, os venres, coa paréntese de descanso de xuño a outubro.

1993-04-14 00:00:00

Cineclube Lumière

Crease o Cineclube Lumière por un grupo de persoas de diferentes profesións co fin de incorporar á cidade outra canle cultural, inexistente ata ese momento, e outro xeito de ver o cinema. O nacemento do Lumière supuxo recuperar para a cidade olívica unha actividade que non tiña continuidade dende o ano 1982, data na que desaparecera o último dos cineclubes vigueses dos anos setenta.

1994-10-20 00:00:00

Cineclube Claqueta

En Redondela principia a súa andaina o cinceclube Claqueta, para contrarrestar a carencia dunha sala de cinema na comarca. Nos primeiros anos, as proxeccións realizábanse en formato 16mm, máis a limitada oferta de películas neste formato e o mal estado de moitas das fitas foron determinantes para que a partir do ano 1996 as proxeccións do cineclube pasasen a se realizar en 35mm. A posibilidade de utilizar o proxector da «Feciga» foi determinante na mudanza de formato. Desde a súa creación, o cineclube contou co apoio do Concello de Redondela, que cedía a sala de proxeccións (Multiusos da Xunqueira) e subvencionaba parte da súa programación. O ano 2000 supuxo un pulo na actividade do cineclube, cunha programación estable, de media, un par de películas ao mes.

1996-07-01 00:00:00

Cineclube Os Papeiros

O cinceclube Os Papeiros organiza —entre outras actividades—, a «I Semana de Cinema de Chantada» (cine ao ar libre en 35mm).

1996-09-02 00:00:00

Cineclube «La Unión»

En Sarria, xurdiu a idea de crear o cineclube «La Unión» no seo da sociedade do mesmo nome, como motor da actividade cultural e recreativa sarriana.

1997-05-02 00:00:00

Cineclube Alexandre Cribeiro

No mes de maio, en Moaña, creouse o cineclube Alexandre Cribeiro grazas as inquedanzas dun grupo de mozos e mozas da localidade preocupados pola situación de decadencia do cine na comarca do Morrazo. Naquel ano pechaba a única sala de cine de Cangas, e penúltima da comarca, seguindo o desastre cinematográfico que levou a deixar a vilas tan importantes como Marín e Bueu sen proxeccións. En Moaña houbo que soportar a destrución do Cine Prado e o peche temporal do Cine Veiga. Tendo xa o grupo humano organizado, e contando coa colaboración do propio Cine Veiga, fíxose a presentación e a primeira proxección, que contou coa participación do escritor Bernardino Graña. A proxección —coa entrada de balde— foi do filme «Cinema Paradiso» (1988), de Giuseppe Tornatore. Iniciou as proxeccións en 35mm, mais a mediados de 1998 viuse na obriga de cambiar ao formato 16mm, por mor da morte do propietario do Cine Veiga e a fin da actividade da sala. Para poder seguir cunha actividade regular, solicitaron ao Concello o uso do Centro Cultural Daniel Castelao, e mercaron un proxector de 16mm, o que lles permitiu poder continuar coas proxeccións, aínda que con menor calidade. En xullo de 2000 organizaron a «I Semana de Cine» baixo o título de «Clásicos do Cine Mudo»; ademáis doutras actividades, como unha conferencia a cargo do profesor Xosé Nogueira, sobre «A historia do feito cinematográfico en Galicia».

1997-07-01 00:00:00

Cineclube A Calexa

Neste ano, reúnense en Monforte de Lemos un grupo heteroxéneo de persoas na Casa da Cultura, a convocatoria é para constituir o cineclube A Calexa.

1998-09-09 00:00:00

Cineclube Poleiro

O cineclube Poleiro foi creado en setembro de 1998. Comezou coa finalidade de servir como xerme de promoción cultural dentro da comarca do Baixo Miño, e propoñer nela puntos de encontro cultural, nuns momentos en que só o Cine Avenida da Guarda tiña unha programación estable durante as fins de semana.

2001-03-10 00:00:00

Cineclube Compostela

Coa primaveira, un grupo de mozos/as universitarios/as, estudantes da Facultade de Ciencias da Comunicación, fundan o cineclube Compostela. A inquedanza dun grupo de afeccionados ao cinema bota a andar o proxecto do clube de Cine Cinematógrafo de Salceda de Caselas. Tiña como fins a promoción e a difusión da cultura cinematográfica, o que era importante nunha vila sen sala comercial; o achegamento do cine á sociedade dun xeito crítico e educativo, editando un pequeno folleto informativo referente á proxección que se realizaba; e o potenciamento do interese polo estudo e o goce do cine, aproximándoo ás xeracións máis novas. A sala de proxección, o proxector, o equipo de son e a pantalla eran achegados polo concello de Salceda de Caselas e o Colexio Público Altamira. Por problemas de equipamento, no ano 2005 tiveron que deixar a súa actividade.

2002-01-15 00:00:00

Cineclube Universitario Kinema

Co obxectivo primeiro de ofrecer á comunidade universitaria de Vigo en primeiro termo, e por extensión ao resto da sociedade, O Cineclube Universitario Kinema principiou a súa andaina como asociación dedicada á promoción da cultura cinematográfica; unha canle de achegamento á cultura cinematográfica nas súas distintas facetas e modos de expresión. No ano 2003, as actividades iniciadas no ano anterior acadaron maior difusión na sociedade, cun crecemento nas cifras de asistencia ás proxeccións e as mostras de interese e apoio recibido. O Cineclube contaba co apoio do concello de Vigo e da Universidade de Vigo a través do Vicerreitoría de Extensión Universitaria.

Cineclubes de Galicia

Launch
Copy this timeline Login to copy this timeline 3d Game mode

Contact us

We'd love to hear from you. Please send questions or feedback to the below email addresses.

Before contacting us, you may wish to visit our FAQs page which has lots of useful info on Tiki-Toki.

We can be contacted by email at: hello@tiki-toki.com.

You can also follow us on twitter at twitter.com/tiki_toki.

If you are having any problems with Tiki-Toki, please contact us as at: help@tiki-toki.com

Close

Edit this timeline

Enter your name and the secret word given to you by the timeline's owner.

3-40 true Name must be at least three characters
3-40 true You need a secret word to edit this timeline

Checking details

Please check details and try again

Go
Close